IMSLP:Sobre o IMSLP


Sobre nós

IMSL significa Proxecto Internacional de Biblioteca de Partituras e foi iniciado en 2006. O logotipo da páxina principal é un A maiúsculo. Tomouse do principio do primeiro libro de música impreso, o Harmonice Musices Odhecaton, publicado en Venecia en 1501 por Ottaviano Petrucci, de quen toma o nome a biblioteca.

O IMSLP/Biblioteca Musical Petrucci é actualmente propieedade de Project Petrucci LLC, unha empresa creada co único propósito de xestionar este sitio.

Información de contacto

E-mail (problemas de copyright e co sitio): Vexa a páxina de contacto de Feldmahler.

Enderezo físico (calquera correspondencia legal ou formal):

Project Petrucci LLC
Agents and Corporations, Inc. - Registered Agent
One Commerce Center, Suite 600
1201 Orange Street
Wilmington, DE 19801
U.S.A.

Nota: Prefírese o correo electrónico, a non ser que haxa unha razón concreta para o contacto físico.
Pódense atopar outros métodos para contactar cos membros do persoal aquí.

Estatísticas da biblioteca

Nesta altura, o IMSLP ten 239,674 obras, 786,947 partituras, 87,895 gravacións, 28,473 compositores e 2,042 intérpretes.